HORI venderá un mando arcade de Dragon Ball FighterZ
mércores, 8 de novembro do 2017
Xa sabemos que o
vindeiro 26 de xaneiro chegará ás tendas Dragon
Ball FighterZ, xogo que aspira a converterse nun imprescindible para os
seareiros da franquía de As Bolas Máxicas,
que consegue a mellor recreación dos combates da serie de animación que
puidemos ver até o momento, o que fai que xurdan compañía que queiran
aproveitar o momento, como HORI, popular fabricante de accesorios para consolas
que xa acepta reservas dun mando arcada inspirado no vindeiro grande xogo de
Bandai Namco.
No Amazon xaponés xa podemos
ver o arcade stick de Dragon Ball
FighterZ, que figura a un prezo de 20.498 iens (155,26 euros) e está
decorado coa imaxe de Son Goku, o que será un grande reclamo como no seu día
foron outras franquías coma de Street
Fighter para vender estes mandos que, sen ser os de máis calidade do
mercado, ofrecen unha prestacións moi dignas e unha ergonomía moi superior aos
mandos que inclúen as consolas para gozar dos xogos de loita (replicando a
experiencia que pode conseguir nas máquinas recreativas).
Este mando arcade de Dragon Ball FighterZ
sairá á venda no Xapón á vez que o xogo para PlayStation 4, aínda que non
sería sorprendente que tamén chegase a Europa nas mesmas datas, e incluso
puidese contar con versión para Xbox One (que no Xapón non se comercializaría
ante a reducida presenza de tal consola).