Gun Frenzy, o xogo de acción infernal para dispositivos con Windows

luns, 14 de xullo do 2014 Marcus Fernández

O xogo ten dúas protagonistas femininas

Os usuarios de Windows Phone 8 e Windows 8 poden gozar dun interesante videoxogos de Wave Light Games, Gun Frenzy, que baixo o lema de Girls, Guns & Ghouls reivindica un estilo bastante peculiar no que introduce a un par de mozas (que esteticamente lembrar a xogos como Tomb Raider, Resident Evil ou mesmo Onechanbara) nunha prisión infernal na que ter que empregar todo tipo de armamento para rematar cunha horda de demos, mortos viventes e dragóns na súa loita pola supervivencia.
Estamos ante un xogo free-to-play que podemos descargar de balde en móbiles con Windows Phone (para dispositivos cun mínimo de 1 Gb de RAM) ou tamén dende equipos con Windows 8, controlándose nos primeiros con mandos virtuais na pantalla táctil, mentres que nos últimos precisarase de teclado e rato. O xogo integra publicidade e compras dentro da aplicación para o seu financiamento.

O xogo goza duns gráficos 3D bastante detallados para ser un título de balde pensado principalmente para dispositivos móbiles

PUBLICIDADE