Guitar Hero Live estará presente no Resurrection Fest

mércores, 6 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Entre os días 7 e 9 de xullo Viveiro vai ser o escenario no que milleiros de asistentes xuntaranse para celebrar unha nova edición do Resurrection Fest, certame de referencia a nivel europeo que conta cun cartel de luxo no que poderase ver en directo a formacións como Bad Religion, The Offspring ou Iron Maiden, e dende Activision confirman que este completo festival do heavy metal vai ofrecer aos afeccionados deste estilo musical a oportunidade de pór a proba as súas habilidades emulando aos seus ídolos con Guitar Hero Live.
Deste xeito, na área de Monster Energy do Resurrection Fest poderase gozar do xogo musical Guitar Hero Live, no que será posible interpretar temas de bandas como Bring Me The Horizon, á vez que a versión en liña do xogo, Guitar Hero TV, conta con temas doutras bandas do Resu, como Bullet For My Valentine e The Offspring.
Os asistentes ao festival poderán inscribirse no torneo Guitar Hero Live, para facerse con premios que van dende un lote do xogo até entradas para o Festival Wacken ou unha exclusiva guitarra Fender-Monster.
Tamén haberá agasallos para os que participen a través das redes sociais no Resurrection Fest Quiz, un xogo de preguntas e respostas no que os participantes poderán demostrar os seus coñecementos sobre o festival e Guitar Hero Live.
Os máis pequenos tamén contará cunha zona para eles, ResuKids, no que os cativos de entre 3 e 12 anos poderán compartir a súa afección pola música contando tamén con outras actividades de lecer, como unha zona de Skylanders SuperChargers, una das grandes franquías de videoxogos de máis éxito de Activision.

Activision tamén pensa no máis cativos, e contará cunha sección no festival no que poderán xogar a Skylanders

PUBLICIDADE