Green Beret estreará secuela no outono

luns, 12 de abril do 2010 Marcus Fernández

En 1985 chegou ás máquinas recreativas o xogo Green Beret (que fóra de Europa e Xapón respondía ao nome de Rush’n Attack) e que sería adaptado para practicamente todas as plataformas da época (dende o ZX Spectrum ata a NES) e incluso adaptouse a consolas actuais (á Nintendo DS e á Xbox 360 en 2007), de aí que teñan ben gañada a súa cualificación coma clásico, sorprendendo que agora anuncien que Konami vai lanzar unha secuela do xogo que chegará á Xbox 360 e á PlayStation 3 coma título descargable o vindeiro outono.
O estudo checo Vatra Games será o encargado de desenvolver Rush’n Attack Ex-Patriot, título que sitúa ao xogador nunha cadea siberiana, nun laboratorio de armas miolóxicas e nunha base de armas nucleares «armado con pouco máis que un coitelo», mantendo a fidelidade á súa primeira entrega.
Este novo xogo ten unha semellanza innegable a Shadow Complex, e podemos facernos unha idea de cómo será grazas a un vídeo de adianto:

PUBLICIDADE