Gravity Rush 2 estrea demo

xoves, 22 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que estaba previsto que a secuela de Gravity Rush chegase a PlayStation 4 o mes pasado, finalmente adiouse o seu lanzamento ao 17 de xaneiro de 2017, e para facer máis doada de levar a espera estrean na PlayStation Store unha versión de demostración de Gravity Rush 2, que permitiranos probar os poderes que desafían a gravidade de Kat, explorar un anaco da cidade flotante de Jirga Para Lhao e salvar aos cidadáns, rescatar un cargamento e recuperar comida dos ladróns voadores, así como moitas outras cousas que van máis aló dos obxectivos marcados na misión.
Recoméndase xogar a demo primeiro no seu modo sinxelo (no que se irá explicando a mecánica do xogo), para despois poder espremer os poderes sobre a gravidade que posúe Kat. A demo permitirá probar os poderes Xúpiter e Luar, que poderán empregarse para combater as vagas de Nevis e soldados ao longo de mercados ateigados e zonas portuarias. Tamén poderemos xuntar a Kat coa súa antiga rival, Raven, para desencadear mortíferos ataques de equipo.

PUBLICIDADE