Gravata con ventilador USB

venres, 20 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A xente de Thanko tennos xa afeitos a curiosos trebellos electrónicos que normalmente son máis orixinais e graciosos que útiles, e como exemplo temos unha nova gravata que agocha no seu nó un pequeno ventilador alimentado por USB ou por pilas para refrescar ao seu usuario nos días de máis calor na oficina.
A gravata mide 480 x 95 x 24 milímetros e pesa 120 gramos, e se pode conectar ao ordenador para achegar enerxía eléctrica por USB mediante un cable de 135 centímetros (que ten un regulador da intensidade de xiro do ventilador integrado), aínda que tamén inclúe un cargador que funciona con 4 pilas AAA (e que se pode gardar no peto dunha camisa) para poder operar o ventilador onde non haxa un ventilador próximo.
O prezo de venda no Xapón deste dispositivo tan anecdótico é de 2.980 iens (uns 17,88 euros).

PUBLICIDADE