Gravadora externa de Blu-ray alimentada por USB

martes, 1 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Pese a que boa parte dos consumidores estean a considerar os discos ópticos coma produtos obsoletos, especialmente coma soporte de contidos audiovisuais, o Blu-ray está a coller forza nos últimos meses, e a baixada de prezo dos discos virxes de 25 e 50 Gb gañan atractivo para o almacenamento de datos, polo que os que queiran levar este formato ao seu ordenador poden estar interesados na nova unidade externa LaCie Slim Blu-ray, que está á venda por 269,90 euros e que sorprende por non precisar de fonte de alimentación para funcionar, polo que o seu uso resulta moi cómodo, especialmente en equipos portátiles.
O LaCie Slim Blu-ray grava, regrava e reproduce vídeo en Blu-ray e DVD, inclúe o software CyberLInk Blu-ray Disc Suite (con aplicacións de reprodución multimedia, para a gravación de datos, a edición de fotografías e vídeo e a xestión de copias de seguridade), mide 137 x 157 x 25 milímetros e ten un peso e só 320 gramos.

JPEG - 31.9 KB
A nova unidade de LaCie resulta especialmente práctica para equipos portátiles

PUBLICIDADE