Gravador de radio FM e casetes a MP3

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que aínda gardan na casa unha chea de gravacións en casetes e queiran rescatalas para gardalas no ordenador ou poder acceder aos seus contidos dende un reprodutor multimedia poden optar conectar un walkman á tarxeta de son do seu PC ou optar por adquirir o PlusDeck Ex, un reprodutor de casete con radio FM conectable ao PC por USB para converter as cintas a MP3.
Este dispositivo conta como principal desvantaxe o seu prezo, pois véndese a 299,99 dólares, o que o sitúa fóra do alcance de moitos dos seus potenciais compradores. O PlusDeck EX pode pasar as cintas a MP3, permite gravar emisións radiofónicas grazas ao seu sintonizador FM integrado, conta con reloxo para programar as gravacións, inclúe mando a distancia e tamén permite a gravación dende fontes de son externas de distinto tipo (jack de 3,5 mm, RCA, 7.1 e outros).

PUBLICIDADE