Gravación de son profesional dende o escritorio informático

luns, 22 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 64.5 KB

Os afeccionados e profesionais da música que queiran levar o estudo de gravación ao seu fogar teñen que buscar ferramentas que permitan conectar dispositivos profesionais ao ordenador, de aí que aparezan sistemas como a serie Lexicon I·ONIX, un gravador dixital pensado para colocar entre o teclado do ordenador e a pantalla, que se conecta ao equipo por USB e que achega distintas entradas de audio e controis na parte frontal que facilitan o a gravación dixital a 24 bits.
Este sistema chega en 3 modelos: o U22, con 2 entradas analóxicas, 1 tipo Hi-Z para instrumentos e conexión MIDI; o U42S, que permite gravar 4 canles analóxicas e 2 dixitais simultaneamente; e o U82S, que chega ás 8 canles analóxicas e 2 dixitais.
Estas solucións son totalmente compatibles con aplicacións coma o programa de gravación Steinberg Cubase LE4 (tanto para PC como para Mac), a ferramenta de instrumentos virtuais Toontrack EZdrummer Lite e o engadido de reverberación Lexicon Pantheon II VST/AU.
Valéndose deste periférico os afeccionados á música poden conseguir unha calidade equiparable á dos grandes sistema profesionais, á vez que non sacrifican a estética do seu escritorio informático, aínda que están pendentes de coñecerse os detalles da súa comercialización.

PUBLICIDADE