Grande fracaso do smartphone con baterÃa de 18.000 mAh
martes, 30 de abril do 2019
Energizer elixiu o Mobile World Congress de Barcelona como
plataforma para darse a coñecer ao mundo como fabricante de teléfonos móbiles,
e casando co seu negocio de baterÃas, entre distintos produtos incluÃron o que captou
máis atención: o Energizer
Power Max P18K Pop, un smartphone con baterÃa de 18.000 mAh, que incluso
poderÃa cargar outros dispositivos.
Pero conseguir unha grande proxección mediática, pese a reforzar a imaxe de
marca, non supón un éxito comercial, como vén de demostrarse co estrepitoso
fracaso da campaña
en Indiegogo coa que pretendÃa financiar o P18K, para o que buscaban
superar o millón de euros, pero quedaron só co 1% do obxectivo.
En total, só
conseguiran vender anticipadamente 16 smartphones, polo que a súa fabricación
carece de todo sentido, e queda claro que non existe demanda para un teléfono integrado
nunha baterÃa externa, xa que o uso de ambos elementos por separado resulta
moito máis cómodo de utilizar.
O P18K non tiña malas caracterÃsticas como teléfono, cunha pantalla Full HD+ de
6,2 polgadas, procesador Helio P70, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), cámara traseira tripla,
cámara frontal dual retráctil, lector lateral de pegadas dixitais, dobre SIM,
Android 9.0 e carga rápida por USB-C, prestacións bastante completas que non
foron dabondo para compensar o grosor e o peso que converten a este concepto
nun produto que non pasará de ser unha curiosidade.
VÃdeo co que se promocionaba a campaña de Indiegogo do P18K