Grande baixada de prezo do smartphone de Essential
luns, 23 de outubro do 2017
O smartphone
de Essential, compañÃa de Andy Rubin (un dos máximos artÃfices de Android) chamou
moito a atención, xa que pretendÃa ser un produto revolucionario que conseguise
converterse nun referente de alta gama dentro do ecosistema Android como un
contrapunto ao iPhone de Apple, sorprendendo con detalles como unha pantalla case
sen marcos á que a cámara frontal comÃa un
anaco (o que curiosamente tamén pasa co iPhone X) e por contar cun conector
magnético para engadir accesorios (como unha cámara de 360 graos), pero o
produto non está a conseguir a relevancia esperada, e o produto que saÃu á
venda por 699 dólares vén de axustarse o cinto, e a partires de agora pode mercarse por 499 dólares,
prezo que xa parece máis axeitado para un móbil cunha distribución moi limitada
e con moitos retrasos no seu lanzamento (provocando desconfianza nos consumidores).
Está agora por ver se cun prezo popular o Essential consegue vender ben, pois
cómpre salientar que estamos ante un dos teléfonos móbiles máis completos de
2017, cun procesador Qualcom Snapdragon 835, 4 GB de RAM, 128 GB de
almacenamento interno, pantalla de 5,71 polgadas cunha resolución de 2.560 x
1.312 pÃxeles, cámara traseira dual (con dous sensores de 13 MpÃxeles, cun en
cor e outro en branco e negro), cámara frontal de 8 MpÃxeles, Bluetooth 5.0,
NFC, lector de pegadas dixitais, baterÃa de 3.040 mAh con carga rápida por
USB-C e certificación IP54 (resistencia ao po e á auga). Probablemente o mellor
smartphone que pode mercarse nos EE.UU. a un prezo inferior aos 500 dólares.