Grand Theft Auto VI tardará máis dun ano en ver a luz
venres, 2 de maio do 2025
Que o xogo Grand Theft Auto VI tivese programado o seu lanzamento para o outono de 2025 e que ata o momento nin se anunciase a súa data de lanzamento oficial e continuásemos sen ter un tráiler aparte do que se estreou en decembro de 2023 facÃa temer o peor, e finalmente Rockstar Games sácanos de dúbidas e anuncia que Grand Theft Auto VI non chegará ata o 26 de maio de 2026.
O adiamento de GTA VI non é ningunha sorpresa (Grand Theft Auto V adiou varias veces a súa estrea) e o feito de que Rockstar poña por fin unha data de lanzamento que garanta que o produto poida chegar ao nivel de calidade esixible para unha obra destas dimensións é unha magnÃfica nova por partida dobre, xa que non só confirma o compromiso da compañÃa cos xogadores, senón que tamén despexa o calendario de lanzamentos da segunda metade do ano, na que a meirande parte de estudios temÃan situar as súas novidades para non ter que competir co que prometÃa ser o meirande lanzamento do ano.
Confirmado que non teremos un novo GTA en 2025, só queda agora agardar a que Rockstar Games comece a adiantar detalles sobre o tÃtulo que recibirá máis atención na primeira metade de 2026.

- Pese a que a publicidade de Grand Theft Auto VI leva moitos meses prometendo que o xogo chegará en 2025, finalmente non será asÃ
