Grand Theft Auto V para PS4 ofértase a 24,99 euros

luns, 4 de decembro do 2017 Marcus Fernández

A promoción de 12 Ofertas de Nadal segue adiante, e durante as vindeiras 48 horas a PlayStation Store ten a prezo reducido o grande título de Rockstar Games Grand Theft Auto V, todo un supervendas que pese a chegar a PS4 hai 3 anos continúa a estar entre os xogos máis vendidos mes tras mes. Durante hoxe e mañá este magnífico videoxogo pode mercarse por 24,99 euros, cando o seu prezo de lanzamento era de 69,99 euros e tras as últimas rebaixas pode conseguirse en formato físico a 34,95 euros, ou sexa, que estamos ante o mellor prezo dispoñible.
Esta oferta estará dispoñible até o mediodía do mércores, cando entrará outro xogo a figurar rebaixado nesta contra atrás cara o Nadal.

Grand Theft Auto V non só ten un modo historia con moitas horas de diversión, senón que tamén facilita o acceso a Grand Theft Auto Online

PUBLICIDADE