Grand Theft Auto V estrea o seu segundo trailer

mércores, 14 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Para animar a espera de cara ao lanzamento na vindeira primavera do xogo Grand Theft Auto V para Xbox 360 e PlayStation 3, dende Rockstar Games lanza hoxe o segundo trailer oficial do xogo, que finalmente amosa algo da historia que narrará a historia de 3 delincuentes no contorno da cidade de Los Santos (versión ficticia de Los Ángeles), de xeito que por fin podemos ver aos personaxes principais en acción, así como numerosas secuencias que dan fe da intensidade que poderá agardar esta entrega da saga GTA, que parece estar a adaptarse moi ben á actual xeración de consolas de videoxogos, aproveitando o detalle dos seus gráficos ao máximo.
GTA V aposta nesta ocasión polo mundo aberto máis grande dos desenvolvidos por Rockstar ata o momento, superando incluso a Red Dead Redemption, o que de seguro que agradecerán os seguidores desta saga, que terán así maior liberdade de movemento e posibilidades das que podemos facernos unha idea no novo vídeo: tiroteos, persecucións, saltos ao baleiro, coches de tres... en definitiva, unha experiencia moi cinematográfica, que nesta franquía conseguen con éxito sen ter que guiar ao xogador a cada paso.


Segundo trailer de GTA V

PUBLICIDADE