Grammata vende o seu Papyre 6.1 co Camiño de Santiago coma reclamo

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A empresa granadina Grammata decidiu promocionar os seus lectores de libros electrónicos Papyre 6.1 aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo 2010, de xeito que preparou un Pack Especial Camino de Santiago que inclúe os 1.000 e-books da colección habitual de Grammata, unha guía do Camiño de Santiago (Camiño Francés) e unha colección de 10 obras de literatura española relacionada co Camiño, que virán de balde co Papyre 6.1 que tamén inclúe funda protector semi-ríxida, tarxeta SD de 2 Gb, auriculares, correa de seguridade, batería de 950 mAh, cable USB e adaptador de corrente, custando todo un total de 269 euros.
Nos contidos sobre o Camiño que inclúe de balde o Papyre 6.1 está unha guía de preparación da viaxe, descrición das visitas (Pamplona, Logroño, Burgos…), mapas, etapas en cada provincia, distancias, tempos estimados, consellos… así coma as mencionadas 10 obras que permitirán vivir máis a fondo o encanto e a esencia do Camiño de Santiago.

PUBLICIDADE