Gotham City Impostors estréase en varias plataformas de descarga de xogos

mércores, 8 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O shooter multixogador Gotham City Impostors creado por Monolith Productions para Xbox 360, PlayStation 3 e Windows PC están dende hoxe dispoñible para a súa descarga a través de Xbox LIVE, PlayStation Network, Steam, Origin e outras plataformas para PC a prezos que están preto dos 15 euros.
Este xogo supón unha achega diferente ao universo de Batman, xa que os participantes deste shooter en primeira persoa poderán participar en combates de 6 contra 6 nos que os distintos bandos estarán formados por vixilantes ou malvados afeccionados, inspirados polos figuras de Batman e o Joker. Inclúe 5 mapas (Crime Alley, Amusement Mile, Ace Chemical, The Docks e Gotham Power) e 4 modos de xogo (Team Deathmatch, Fumigation, Psych Warfare e Challenge).
En marzo sairá tamén un paquete con contido descargable de balde que incluirá o mapa 25th Floor e máis de 100 novas opcións de personalización, aínda que o xogo está a dar máis que falar pola impresionante cantidade de contido descargable de pagamento co que conta no seu lanzamento, pois son uns 105 elementos que de adquirilos de xeito independente a prezos de entre 1 e 3 euros, aínda que moitos destes poden desbloquearse no xogo sen ter que pasar por caixa.


Trailer de lanzamento do xogo

JPEG - 83.5 KB
Gotham City Impostors permitirá a competición de ata 12 xogadores simultáneos

PUBLICIDADE