Google xa entende o español falado
mércores, 9 de xuño do 2010
- A aplicación de Google para iPhone xa permite as buscas por voz en español
A estrea de Google Maps
Navigation en boa parte de Europa, con servizos de recoñecemento de voz
adaptados ás distintas linguas da rexión, deixaba claro que Google está a
mellorar os seus servizos de voz, pero non quixeron agardar a outro dÃa para o
seu anuncio, e hoxe mesmo estrean
a busca por voz de Google en francés, alemán, italiano e español (ata o
momento só estaba dispoñible en inglés, mandarÃn e xaponés), o que permite que
nas distintas aplicación móbiles de Google (dispoñibles para Android, iPhone e
BlackBerry) poidamos realizar buscas na web valéndonos só da nosa voz, o que
resulta moi cómodo e rápido, especialmente en situacións nas que temos as mans
ocupadas.
- A busca por voz tamén chega aos terminais BlackBerry
Dende Google queren destacar que este novo servizo está adaptado aos acentos dos
paÃses orixinais das novas linguas, polo que algúns usuarios poderÃan ter
problemas no recoñecemento de voz (coma, por exemplo, os que falen español con
algún dos acentos sudamericanos).
O recoñecemento de voz parece bastante preciso, detectando tamén distintos
tipos de busca, de xeito que a aplicación de Google non amosa os resultados de
igual xeito cando buscamos unha ruta, a carteleira cinematográfica ou unha
páxina web en xeral.
Explicación do funcionamento de Google Search by Voice en español