Google renova o seu Nexus 7

mércores, 24 de xullo do 2013 Marcus Fernández

JPEG - 102.3 KB
Na presentación desta tarde repasaron as posibilidades do novo Nexus 7

Google anunciou hoxe unha revisión do seu tablet de referencia, o Nexus 7, que chegará ao mercado estadounidense o vindeiro 30 de xullo para chegar poucas semanas a unha pequena selección de países entre os que figura España, e que terá prezos de 229 dólares para o modelo con Wi-Fi e 16 Gb de capacidade, de 269 dólares para o modelo de 32 Gb con Wi-Fi e de 349 dólares para o modelo de 32 Gb con Wi-Fi e LTE.
O novo tablet fabricado por Asus é moi semellante ao seu predecesor, estando o seu principal cambio na súa pantalla de 7 polgadas, que agora adopta unha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles (323 puntos por polgada) converténdoo non dispositivo no que a lectura resulta moi agradable, á vez que permite gozar de contidos multimedia Full HD sen perder calidade.
Entre as súas melloras está a incorporación de altofalantes estéreo (en vez de mono), un potente procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, dobre cámara (agora ten unha cámara traseira de 5 Mpíxeles e outra frontal de 1,2 Mpíxeles) e a posibilidade de facer mirroring cunha pantalla externa a través dunha saída SlimPort. Pese a incorporar máis prestacións, o novo modelo é máis lixeiro e delgado (pesará entre 290 e 299 gramos e o seu grosor será de 8,65 milímetros). A súa batería de 3.950 mAh poderá cargarse sen fíos, integra Bluetooth, NFC e Wi-Fi N de dobre banda e GPS, converténdose unha vez máis no referente no seu tamaño e deixando en evidencia ao iPad mini, dispositivo que debería mellorar en breve a súa pantalla para non quedar eclipsado por dispositivos máis potentes, máis versátiles e máis baratos.


Vídeo promocional do novo Nexus 7

PUBLICIDADE