Google presenta o seu proxecto para desenvolver lentes con realidade aumentada

mércores, 4 de abril do 2012 Marcus Fernández

As lentes con realidade aumentada aínda son un produto conceptual

Dende Google levan tempo traballando en sistemas de realidade aumentada revolucionarios, e para amosar as súas posibilidades veñen de amosar ao mundo o seu Proxecto Glass a través de Google+, espazo no que queren compartir información sobre as utilidades que pode ter esta tecnoloxía, así como para conversar co público para coñecer a recepción destas solucións que procuran que non estean moi rifadas coa estética (están a amosar unhas lentes de realidade aumentada de tamaño compacto e deseño elegante).
Aínda que estamos simplemente ante un prototipo que posiblemente nunca vexa a luz coma produto comercial (o concepto empregado sería moito máis atractivo en forma de lentes de contacto, que aínda están lonxe de poder converterse nunha realidade), decidiron dar a coñecer as posibilidades da realidade aumentada no noso día a día a través dun impresionante vídeo no que presentan un fragmento do que pode reservarnos o futuro:

O prototipo de lentes de realidade aumentada teñen unha liña elegante e unha forma moi compacta que resulta bastante rechamante

PUBLICIDADE