Google parece deixar de lado ás tabletas con Android
venres, 1 de xuño do 2018- Até hai pouco en Android.com habÃa un apartado dedicado especificamente a tabletas
Historicamente as tabletas foron un dos grandes puntos
febles de Android, non por ter malas prestacións de hardware (xa que houbo
modelos realmente potentes) senón pola ausencia de aplicacións adaptadas ao
tamaño maior das pantallas das tabletas, de xeito que moitas das principais
aplicacións móbiles ofrecÃan unha experiencia de uso realmente mala, facendo
que pouco a pouco as tabletas con Android pasase a converterse principalmente
en dispositivos para o consumo audiovisual ou para xogos, empregados en grande
medida por cativos que aÃnda non teñen smartphone.
Esta situación non resulta allea a Google, que non só despois de vender
tabletas da súa marca con Android, senón que agora tamén eliminou
o apartado de tabletas na páxina web oficial de Android, dando a entender
que non confÃan en absoluto en Android en tabletas, preferindo que para tal
formato de dispositivo a opción imperante sexa ChromeOS (que tamén pode correr
aplicacións para Android).