Google lembra o 50º aniversario da chegada á lúa
venres, 19 de xullo do 2019
Este
sábado cúmprense 50 anos da chegada do home á lúa, e para celebrar este
acontecemento histórico Google
dedÃcalle hoxe o seu doodle, que presenta un vÃdeo no que resumen a
misión do Apollo 11 da man de Michael Collins, piloto do módulo de mando, que
acompañou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin na misión que levou a pisar a
superficie da lúa.
Para a creación deste doodle dende Google contaron co apoio da NASA,
para conseguir unha representación o máis fiel posible da misión do Apollo,
buscando asà tamén dar visibilidade a feitos como que tal proxecto contou con
máis de 400.000 traballadores ao longo da súa vida.
VÃdeo que acompaña ao doodle de hoxe