Google comeza a entender o galego falado
venres, 17 de agosto do 2012
Un dos detalles que dende hai anos destacaban en Android era
a posibilidade de realizar buscas por voz (posteriormente levada tamén a outros
sistemas operativos e incluso ao navegador Google Chrome), o que axiliza a
realización de numerosas funcións sen ter que empregar o teclado virtual móbil
pero, aÃnda que dende 2010
entendÃa o español sen problema, tiña problemas co resto de linguas do Estado,
o que vai camiño de solucionarse, pois Google
comezou a espallamento aos seus servizos a súa busca por voz en 13 novas
linguas, entre as que figuran o éuscaro, o catalán, o portugués europeo e o
galego.
Polo momento esta función está limitada a dispositivos con Android 2.2 ou
superior dende o widget de busca ou
coa aplicación
de busca por voz. Deste xeito, xa non quedan marxinadas das buscas orais en
Google as buscas as persoas con nomes en galego que conteñan a letra x, numerosos topónimos e, por suposto,
consultas realizadas directamente na nosa lingua.
Con esta medida a busca por voz de Google chega a 42 linguas e acentos de 46
paÃses e, aparte das antes mencionadas linguas peninsulares, tamén inclúe
soporte para búlgaro, finés, húngaro, islandés, noruegués, romanés, serbio,
eslovaco e sueco.