Google Glass actualízase a KitKat e sae á venda por tempo limitado nos EE.UU.
martes, 15 de abril do 2014
Esta
tarde, a partir das 15:00 horas, o programa Glass Explorer de Google vai
ampliarse de xeito significativo ao permitir que cidadáns
estadounidenses poidan adquirir por tempo limitado os populares lentes da
compañía de Mountain View (podendo elixir entre varias monturas sen custo adicional) sen ter que recibir unha invitación previa, o que
facilitará unhas probas máis amplas desta tecnoloxía en probas, aínda que
continuará a ser un produto lonxe de estar listo para o mercado de consumo e
cun prezo desorbitado (1.500 dólares máis impostos).
De cara a este importante momento, Google tamén vén
de actualizar o software de Glass, que finalmente funciona con Android 4.4 KitKat, o que supón unha imporate
mellora na fiabilidade e na autonomía do dispositivo, á vez que incorpora
funcionalidades para facer máis doado desenvolver aplicación que aproveiten os
lentes de Google.
A actualización de Glass tamén incorpora lotes de fotografías (ao moverse pola
cronoloxía as fotografías e vídeos aparecen organizados en lotes diarios a
petición dos usuarios), permite enviar fotografías tomadas con Glass en
mensaxes de Hangout, integra un xeito cómodo de remitir suxestións aos
desenvolvedores directamente dende os lentes, os comandos de voz aparecen agora
ordenados en pantalla por tempo e frecuencia e, curiosamente, a funcionalidade
de realizar videochamadas eliminouse temporalmente en vista do pouco uso que se
facía da mesma (estudiarán como abordar este asunto dun xeito máis atinado
segundo os comentarios que vaian recibindo por parte dos usuarios).