Google España recibe a representantes da campaña Android en Galego
mércores, 20 de novembro do 2013
- Representantes da campaña Android en Galego xuntáronse hoxe con representantes de Google</A>
A
campaña para solicitar a Google a tradución de Android ao galego parece estar a
colleitar os seus froitos, e hoxe tivo lugar a primeira xuntanza dos
organizadores desta iniciativa con persoal de local da compañÃa de Mountain
View, a quen se lle expuxo que o galego conta cunha comunidade lingüÃstica con
máis de 3 millóns de persoas, que os galegos estamos implicados na localización
do software e na nosa presenza na Rede (destacando éxitos como a tradución de
Twitter ou o dominio .gal), que o galego é unha das linguas máis empregadas na
Internet e que moitos dos servizos de Google están dispoñibles na nosa lingua.
Dende
Google amosáronse receptivos e comprometéronse á adoptar o galego nos seus
servizos, asegurando que a nosa lingua xa figura entre os 60 idiomas prioritarios
para eles, o que significa que para novos servizos a localización ao galego e
relativamente rápida, pero acumulan certo retraso en produtos con máis anos
(como Gmail e Android).
Dende Google España remitiron unha solicitude interna ao equipo de Android para
que se introduza o galego en vindeiras versións do sistema operativo móbil,
pero non concretan datas sobre cando será unha realidade o poder gozar de
Android en galego, polo que seguirán coa recollida
de adhesións á iniciativa para reivindicar o Android en galego, para
remitirlle as sinaturas en xaneiro ás oficinas centrais de Google, medida que
esperan que axude a que tomen en consideración a solicitude de Google España.