Gonzalo Redondo, novo conselleiro delegado de Televés Corporación
luns, 30 de xuño do 2025

- Redondo suxeitando o Premio Computing 2022 para D3 Applied Technologies na categorÃa de Supercomputación e Intelixencia Artificial
Televés Corporación vén de anunciar un cambio na súa dirección executiva co nomeamento de Gonzalo Redondo como novo conselleiro delegado. A súa incorporación farase efectiva na xunta xeral de accionistas prevista para setembro, substituÃndo asà a Santiago Rey, quen pasará a desempeñar un papel estratéxico como director de operadoras e grandes contas.
Redondo, fÃsico e enxeñeiro naval con ampla traxectoria no deseño e desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de alta esixencia, fundou empresas como D3 Applied Technologies e Maxwell Applied Technologies, esta última integrada en Televés. Nos últimos anos, liderou proxectos premiados con recoñecementos internacionais como o Red Dot, o German Design Award Gold ou o Good Design. Desde 2022 forma parte do consello de administración de Televés Corporación, impulsando a innovación de produto e o posicionamento da marca.
Na nova etapa, Redondo contará con Esther Gómez como directora xeral corporativa. Enxeñeira de Telecomunicación e con ampla experiencia en desenvolvemento de produto e solucións tecnolóxicas, Gómez asumirá un papel clave na coordinación dos equipos e proxectos da corporación, reforzando a colaboración interna e a execución estratéxica.
Pola súa banda, Santiago Rey, que liderou Televés Corporación desde 2012, continuará ligado á compañÃa como responsable do desenvolvemento de negocio en dúas das súas filiais estratéxicas: TRedess e Gsertel. A súa nova función estará centrada na expansión comercial en sectores como o broadcast e as redes móbiles 5G.
Televés Corporación afronta asà unha nova etapa marcada pola vontade de recuperar o espÃrito emprendedor, fortalecer a cultura corporativa e consolidar a súa posición como referente internacional en solucións tecnolóxicas avanzadas.

