GoPro presenta novas cámaras de acción
mércores, 14 de setembro do 2022
GoPro
anunciou hoxe tres versións da súa nova cámara HERO11 Black (a HERO11
Black, a HERO11
Black Edición para creadores e a HERO11 Black Mini)
que contan cun novo sensor de maior tamaño que ofrece maior resolución, cor de
10 bits, mellor estabilización de vÃdeo e o campo de visión máis amplo incluÃdo
de forma nativa nunha cámara HERO. Amais, levan a subscrición a GoPro a un novo
nivel co envÃo de vÃdeos de momentos destacados automáticos ao smartphone, de
xeito que chegarÃa con enchufar a cámara a cargar para que ela mesma suba o
contido gravado á conta na nube de GoPro onde, de xeito automático, crearase un
vÃdeo cos momentos destacados que o usuario recibe no teléfono na aplicación
GoPro Quik, facendo asà máis áxil e doado crear contidos recollendo as nosas vivencias,
para despois poder compartilas co mundo ou cos nosos achegados.
A cámara HERO11 Black serÃa a cámara de referencia dentro deste formato, que
sae á venda a un prezo de 449,98 euros; mentres que a HERO11 Black Edición para
creadores custa 659,98 euros e inclúe accesorios como unha empuñadura con
baterÃa de longa duración e botóns de control, luz LED de alta potencia, porto
HDMI para conectar pantallas externas, entrada para micrófono externo e
micrófono direccional (opcional), de xeito que serÃa un grande produtos para a
captura de vÃdeo, a gravación de videoblogs e a transmisión de vÃdeo en directo.
Pola súa banda, a HERO11 Black Mini farase agardar até o 25 de outubro, terá un
prezo de 349,98 euros, e quere destacar polo seu tamaño reducido, o seu peso
lixeiro e o seu manexo sinxelo, converténdose nunha opción interesante para os
que buscan simplicidade sen sacrificar rendemento nin calidade.
As novas HERO11 poden gravar vÃdeo até 5,3K a 60 imaxes por segundo, capturar
fotografÃas a 27 MpÃxeles e incluso gravar vÃdeo cunha relación de aspecto 8:7,
o que permite logo recortar o contido para diferentes relacións de aspecto en
función de se van publicarse en redes sociais orientadas ao móbil (onde prima o
formato vertical) ou en plataformas máis televisivas (onde segue a ser a norma
o vÃdeo en formato panorámico).
VÃdeo de presentación das novas HERO11 Black