Gigabyte S1080, un tablet taiwanés con Windows 7
xoves, 14 de abril do 2011
Para competir co iPad en certos mercados
chega ao Gigabyte
S1080, un tablet con procesador Intel Atom N570 de dobre núcleo, disco duro
de 320 Gb, porto Ethernet, pantalla de 10 polgadas, webcam, USB 3.0 e 2.0,
conexión para monitor externo, lector de tarxetas SD, Wi-Fi N, slot para unha tarxeta 3G, un peso de
895 gramos e sistema operativo Windows 7 por un prezo de 22.900 dólares de
Taiwán (544,99 euros) polo que estariamos ante un dispositivo ideal para os que
queiran un talbet que se comporte coma un ordenador de escritorio, pensando
principalmente en usos ofimáticos e a realización de presentacións multimedia.