Ghostbusters sairá en España o 19 de xuño

xoves, 7 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras moitos problemas á hora de atopar distribuidora, o xogo dos Cazapantasmas verá a luz este ano para Xbox 360, PlayStation 3, PS2, PC, Nintendo DS e Wii, encargándose Atari da comercialización nos EE.UU., mentres que Sony fará o propio en Europa a partir do 19 de xuño, cando chegará ás tendas un título que moitos entenden como se fose a película Cazapantasmas 3, xa que foi desenvolvido coma unha secuela da saga cinematográfica que celebra en 2009 o seu 25º aniverario.
Sony tamén confirmou que a partir do outono comercializará mundialmente unha versión do xogo para PSP, polo que este título que atopara moitos atrancos na súa creación finalmente vai ser un grande lanzamento para case todas as plataformas posibles, e que contou con boa parte dos actores das películas para pór voz aos personaxes do videoxogo.


Vídeo de introdución do xogo

PUBLICIDADE