Geohot recoñece non ser capaz de desprotexer a PS3
xoves, 15 de xullo do 2010
George Hotz, un dos expertos en seguridade que está detrás de varios dos
métodos de liberación do iPhone,
publicara a primeiros de ano na web que conseguira crackear parte da protección da
PlayStation 3, de xeito que agardaba chegar a permitir o funcionamento de
copias de xogos na consola de Sony, pero os seus esforzos non culminaron en
éxito, e finalmente declarou
que non foi quen de desprotexer a PS3, o que é unha magnÃfica nova para o
seu fabricante, que padeceu a piraterÃa de xeito notable na primeira
PlayStation, na PS2 e, de xeito especialmente lesivo, na PSP.