Gears of War: Judgement terá demo antes do seu lanzamento
luns, 28 de xaneiro do 2013
Epic Games estreará o vindeiro 22 de marzo o xogo Gears
of War: Judgement, cuarta entrega da saga que 3
dÃas antes estreará versión de demostración para usuarios Gold de Xbox LIVE,
que permitirá gozar do modo multixogador OverRun,
podendo trasladarse tal experiencia de proba posteriormente ao xogo completo.
Nos EE.UU. será posible acceder a esta demo con máis antelación (dende o 15 de
marzo) para os usuarios que reserven o xogo en certos establecementos
comerciais, descoñecéndose polo momento se tal promoción estará tamén
dispoñible dende Europa.
Os usuarios que reserven
o xogo tamén poderán acceder a varios engadidos que poderán empregar nos
modos multixogador competitivos, como serán unha pel de personaxe que permite empregar
a aparencia do novo Marcus Fenix e unha pel Lambent para armas, que engádense á
arma Hammerburst clásica que xa se tiña confirmado anteriormente para este xogo
exclusivo para Xbox 360 que está a ser desenvolvido por Epic Games e People Can Fly.
- A cuarta entrega de Gears of War chegará ás tendas o 22 de marzo