Gears of War 4 incluirase con tarxetas gráficas nVIDIA GTX 1080 e 1070
martes, 20 de setembro do 2016
O vindeiro 11 de outubro sairá á venda o agardado xogo Gears
of War 4, que será un dos novos xogos en tirar proveito da
funcionalidade Xbox Play Anywhere (ou sexa, que poderá mercarse en dixital para
Xbox One incluÃndo tamén o xogo para Windows 10), e que non só chegará acompañado
pola comercialización dun mando
Elite para Xbox One personalizado e un lote
de Xbox One S con 2 TB de disco duro que fará as delicias dos seareiros da
saga, senón que incluso terá bastante repercusión no mundo do PC, de xeito que
a propia nVIDIA vén de anunciar que será
posible mercar as súas gráficas GeForce GTX 1080 e 1070 co xogo de Microsoft
Studios incluÃdo, de xeito que os xogadores que se fagan con estas novas
gráficas poderán gozar de Gears of War 4
cun nivel gráfico moi superior ao de consola, soportando a versión de PC tanto
resolucións de 4K como pantallas en formato cinematográfico.
Dende nVIDIA xa destacaban o mes pasado que Gears
of War 4 para PC tiña como tarxeta gráfica recomendada
unha GeForce GTX 1060, que serÃa capaz de mover o xogo de xeito
fluÃdo a unha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles, mentres que de conformarnos
con Full HD poderÃa ser dabondo contar cunha GTX 750 Ti. Os usuarios que queiran
gozar de xogos como este en 4K xa terÃan que optar por gráficas como a GTX
1080, deixando claro que o hardware de PC máis potente permite niveis gráficos
moi superiores dos que son posibles coas consolas de videoxogos actuais (e
incluso coa futura PS4 Pro), aÃnda que tamén hai que salientar que para poder
chegar a estes niveis non chega só con ter unha gráfica moi potente, senón que
tamén hai que ter un equipo informático á altura, polo que o investimento nun
PC para gamers é moito máis elevado
do que é a compra dunha consola de videoxogos que claramente non será capaz de
mover gráficos en ultra alta definición non xogo de acción.
Tráiler de lanzamento de Gears of War 4