Gears 5 poderÃa saÃr á venda o 10 de setembro
luns, 13 de maio do 2019
Na
pasada edición da feira E3, durante a presentación de Microsoft, confirmouse
que este ano iamos ter unha nova entrega de Gears
of War, chamada Gears 5, da que vén
de filtrase interesante información a través de Generación Xbox, medio que
terÃa adiantado a portada do xogo e a súa data de lanzamento.
Polo momento sábese pouco de Gears 5,
xa que previsiblemente será un dos pratos fortes de Microsoft na súa
conferencia do E3 o mes que vén, pero dende Generación Xbox atoparon a ficha do
xogo no sistema taiwanés de clasificación por idades, do que extraeron a que
posiblemente será a carátula do xogo, asà como a súa data de lanzamento, que
serÃa o 10 de setembro.
A data suxerida parece bastante axeitada, xa que evitarÃa que Gears 5 tivese que competir cos grandes
lanzamentos de outubro, situándose nunha boa posición de cara á campaña de
Nadal.
- Ficha atopada por Generación Xbox
Tráiler de presentación do xogo