Gato Salvaje completa con éxito o seu proxecto de micromecenado
luns, 27 de maio do 2013
- Os visitantes a ExpOtaku puideron transmitir as súas preguntas ao guionista de comics Greg Rucka, quen escribirá os capÃtulos 3 e 4 do xogo coruñés AR-K
O estudio coruñés de videoxogos, Gato Salvaje, especializado
na creación de aventuras gráficas para PC, leva bastantes meses teimando en
facer realidade o seu xogo episódico AR-K,
que tras estrear un primeiro capÃtulo para ordenadores persoais precisaba dun
importante pulo para desenvolver o seus tres seguintes episodios, reto que os
levou, por unha banda, a dar o salto a dispositivos móbil (onde as aventuras
gráficas están a gozar de boa saúde actualmente) e, por outra, a procurar
financiamento das masas a través de Kickstarter.
Tras un primeiro
intento frustrado na plataforma de micromecenado norteamericana dende Gato
Salvaje aprenderon a lección, e antes de insistir procuraron engadir
incentivos ao seu proxecto que conseguisen captar atención sobre o mesmo, como
a fichaxe de Ash Sroka para dobrar á protagonista do xogo na súa versión en
inglés (Sroka puxo voz a Tali’Zorah vas
Normandy na triloxÃa Mass Effect)
e do célebre guionista de comics Greg Rucka para desenvolver os episodios 3 e 4
de AR-K (o segundo episodio xa está
practicamente rematado).
Unha ver reforzada a proposta de Gato Salvaje, lanzáronse a Kickstarter nun
segundo intento no que buscaban
facerse con 100.000 dólares para poder converter a súa aventura gráfica point and click nun produto completo,
permitindo non só que o xogo vexa a luz en PC, OS X e dispositivos móbiles,
senón tamén que apareza localizado en múltiples linguas, con máis calidade da
prevista inicialmente, e incluso adaptando o tÃtulo para persoas con
deficiencias visuais.
- Rucka comentou numerosos detalles sobre o mundo do cómic, os videoxogos e a industria do cultural en xeral
A campaña de micromecenado desenvolveuse durante todo un mes, e dentro do pulo
final para facer o proxecto realidade recalouse o evento coruñés ExpOtaku, para o
que Gato Salvaje reservou unha agradable sorpresa para os afeccionados aos
comics que visitaban o recinto de EXPOCoruña, que tiveron a oportunidade de
participar nunha completa videoconferencia a través de Skype con Greg Rucka, conducida por Fernando Prieto, na que o gañador
de 4 premios Eisner e autor de guións para series de banda deseñada moi
coñecidas (Action Comics, Adventures of
Superman, Batman, Gotham Central, Supergirl, Wonder Woman, Daredevil, Punisher,
Spider-Man e Wolverine, entre
outras) respondÃa as preguntas de se lle facÃan en vivo. Rucka comentaba tanto
detalles da súa carreira como do proxecto que está a emprender con Gato
Salvaje, á vez que daba a súa opinión sobre tendencias de futuro, como a edición
dixital, a necesidade de cada soporte de adoptar unha linguaxe de seu ou os
perigos dos monopolios na distribución.
A esta actividade unÃronse algunhas actualizacións de última hora ao proxecto
de Kickstarter, como ofrecer un curso 5 dÃas sobre animación 3D ou ilustración para
os mecenas que achegaran 100 dólares ao desenvolvemento de AR-K e mellorar os incentivos para os que aportasen dende 50
dólares, de xeito que, pese a que a 9 horas de rematar a campañas só
conseguiran recadar o 81% do capital necesario, este último esforzo conseguiu
que o proxecto culminase con éxito sumando 879 apoios por un total de 101.564
dólares (78.463 euros).
VÃdeo de adianto do segundo capÃtulo de AR-K
ExpOtaku volveu a confiar nos videoxogos
- No recinto de EXPOCoruña podiamos ver consolas clásicas como a Super Nintendo
Pero a presenza de Gato Salvaje en ExpOtaku non foi a única presenza do mundo dos videoxogos neste encontro sobre a cultura xaponesa que, pese a estar orientada principalmente a manga e anime, sempre ten moi presente o lecer dixital, tanto nos tipos de produtos á venda nos seus expositores como na vestimenta dos seus asistentes (non eran poucos os que acudÃan disfrazados de personaxes de videoxogos), o que formalmente puido comprobarse en campionatos de videoxogos que se desenvolveron durante 3 dÃas seguidos e cunha exposición de consolas de videoxogos que podÃan empregarse libremente, entre as que figuraban clásicos como a Super Nintendo ou a SEGA Megadrive permitindo que os nostálxicos puideran lembrar a súa infancia e que as novas xeracións probasen en primeira persoa os alicerces de moitas sagas e compañÃas das que gozan actualmente.
- Durante a celebración de ExpOtaku desenvolvéronse varios torneos de videoxogos
- En ExpOtaku podÃase gozar en persoa de varias consolas de videoxogos clásicas