Gasofa.es amosa sobre o mapa os prezos do carburante en toda España
martes, 29 de abril do 2008
- Os prezos do carburante e a posición dos radares se poden consultar no mapa en Gasofa.es
Os mashups que empregan os servizos de
Google Maps son moi frecuentes, e non só resultan moi atractivos esteticamente
e son doados de utilizar, senón que son sumamente prácticos, como é o caso de
Gasofa.es, a na web que amosa a localización
das estacións de servizo de toda España asociada aos prezos dos
carburantes que subministran, o que resulta moi práctico á hora de decidir a
cal das gasolineiras máis próximas debemos acudir a encher o depósito do noso
coche.
Para complementar esta web, tamén hai unha información moi interesante para os
condutores, que é a localización dos radares nas estradas. O servizo foi desenvolvido
por Nicenova Consulting, a mesma compañÃa que o pasado outono nos achegaba
Quetiempo.es.