Garou: Mark of the Wolves estrea versión para Xbox One

xoves, 16 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O dos mellores xogos de loita das máquinas recreativas de finais dos anos 90 é, sen dúbida, Garou: Mark of the Wolves, de SNK para Neo-Geo, que colle o relevo da serie Fatal Fury e engade numerosas mecánicas de xogo como a característica breaking.
Pois este aclamado xogo chega hoxe a Xbox One dentro da colección ACA NEOGEO, de xeito que poderemos xogalo nunha consola moderna, conservando todos os detalles orixinais da versión de recreativa, coa posibilidade de mudar a dificultade e outros elementos que afectan á visualización deste título que pode adquirirse por 6,99 euros.
Curiosamente Garou: Mark of the Wolves para PS4 aínda non está presente en España dentro desta colección, de xeito que a conversión correspondente ten un prezo superior (14,99 euros).

JPEG - 154.3 KB
Garou: Mark of the Wolves é un dos sucesores da serie Fatal Fury que tanto éxito tivo en recreativas nos anos 90

PUBLICIDADE