Garmin presenta un smartwatch con GPS orientado a contornos náuticos
xoves, 21 de xaneiro do 2016
AÃnda que os reloxos multi-deporte non son ningunha novidade
rechamante, Garmin soubo levalos un paso adiante e adaptalos especialmente a
contornos náuticos, de xeito que presenta o seu novo Quatix 3, que sairá
á venda este mesmo trimestre a un prezo de 599 euros, e que non quere
conformarse con facer un seguimento da nosa actividade deportiva correndo, andando
ou nadando, senón que tamén inclúe un contador de captura de peixes, un
temporizador para a competición, un temporizador de regatas, liña de saÃda e
axuda de virada para navegación a vela, aviso de fondeo e, como non, tamén
notificacións do smartphone para dar conta de correos electrónicos ou mensaxes
de texto.
Este reloxo deseñado para a auga, tamén resulta rechamante en terra, cunha
resistente construción de aceiro inoxidable, antena GPS e GLONASS de alta
sensibilidade, pantalla a cor de alta resolución que pode verse baixo a luz do sol,
resistencia á auga a 100 metros de profundidade, unha autonomÃa de 20 horas en
modo GPS, 50 horas en modo aforro e 6 semanas en modo reloxo, altÃmetro,
barómetro, compás... e numerosas aplicacións e pantallas que poden descargarse
de balde.
Loxicamente as funcións naúticas preinstaladas son o máis rechamante do
trebello, que permite que nunha ollada podamos comprobar a velocidade, a profundidade
da auga, a temperatura, o vento... asà como información sobre as mareas,
rexistro de rutas e zonas de pesca favoritas, e tamén puntos de saÃda e
referencia para regatas. Estas informacións conséguense nuns casos só mediante
o posicionamento GPS, e noutros, coa axuda de servizos en liña accesibles a
través dun smartphone conectado á Rede. TerÃamos asà o primeiro smartphone con
navegación GPS, altÃmetro, barómetro e compás que combina funcións de adestramento
e de navegación (mariña) que pode rexistrar até 10.000 puntos de seguimento, o
que resulta moi práctico en viaxes e aventuras.
VÃdeo promocional do Garmin Quatix 3