GaliciaTIC abre as súas portas este mércores cunha mesa sobre os retos da nosa transformación.
martes, 13 de outubro do 2020
Este
mércores 14 de outubro comeza a nova edición de GaliciaTIC,
unha das grandes e máis referenciais citas do empresariado galego do
sector das novas tecnoloxías. O encontro, que este ano cumpre a
cifra nada desprezábel de 18 anos de historia, ten a día de hoxe
preto de medio milleiro de persoas inscritas. GaliciaTIC comezará ás
9.30 horas deste mércores 14 no edificio CINC da Cidade da Cultura
cunha mesa inaugural que avaliará os retos da transformación
dixital en Galicia.
Nela
participarán a directora xeral da AMTEGA, Mar Pereira; o presidente
da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo), entidade
que promove o foro, Luis Álvarez-Sestelo; e os máximos responsábeis
das firmas tecnolóxicas EDISA, Carlos Suárez; Imatia, Fernando
Vázquez; e Inycom, José Luis Latorre.
A
mesa redonda será moderada polo director de GaliciaTIC 2020, Miguel
Merino. Tras a sesión inaugural, e durante tres días, sucederanse
relatorios, debates presenciais e sesións en modo webinar que
analizarán, entre outros aspectos, cuestións tales como a
necesidade de impulsar a creación dun ecosistema innovador ou os
novos retos de seguridade para contornas SAP, o estado do 5G en
Galicia; o traballo do futuro ou o desenvolvemento do blockchain
na nosa Comunidade Autónoma.