Galicia ocupa o 4º posto en número de servizos electrónicos para empresas dende as comunidades autónomas españolas

mércores, 1 de agosto do 2012 Redacción

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de dar a coñecer os datos reflectidos nun informe publicado nos pasados días pola Fundación Orange (descargable en formato PDF) nos que se examina a dispoñibilidade de 26 servizos electrónicos (16 para a cidadanía e 10 para a empresa) por comunidades autónomas, sendo Galicia a comunidade que amosa un maior crecemento interanual. Galicia tamén acadarían a sétima posición na clasificación xeral por comunidades autónomas e un cuarto posto se falamos dos servizos electrónicos para empresas.
O estudo elaborouse seguindo os principios xerais definidos pola Comisión Europea no ámbito da Administración Electrónica, e o caso galego é destacable por pasar dun posto 11 en 2011 a un 7º en 2012. Na actualidade ningunha comunidade autónoma conseguiu acadar o 100% de dispoñibilidade de servizos para a súa tramitación totalmente electrónica, e Galicia consegue ofrece 18 dos 26 servizos analizados.
O servizo máis desenvolvido no Estado é o de solicitude de cita médica, mentres que o que atopa máis dificultades é o de admisión de alumnos en centros públicos docentes non universitarios.

GIF - 18.1 KB
Dispoñibilidade de servizos a empresas por comunidades autónomas

PUBLICIDADE