Galicia contará cunha rede virtual de traballo coa que optimizar a atención ao alumnado con alta capacidade intelectual
martes, 28 de agosto do 2012
O conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mailo reitor da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, veñen de
asinar un protocolo de colaboración mediante o que optimizar a atención ao
alumnado do paÃs con alta capacidade intelectual, que pasa inicialmente por
crear unha rede virtual de traballo para o intercambio de experiencias deste
colectivo.
A iniciativa ten por obxectivo
elaborar un protocolo para a identificación das alumnas e alumnos que conten
con altas capacidades intelectuais e presenten, polo tanto, necesidades
especÃficas de apoio educativo.
Para atallar este proceso de identificación
e apoio ao alumnado, ámbalas dúas entidades comprometéronse a crear unha rede
virtual de traballo, na que colaborará un grupo mixto de expertos formado,
entre outros, por investigadores da USC.