GTA: San Andreas estrea versión para Windows Phone 8
luns, 27 de xaneiro do 2014
A pouco máis dun mes da estrea de Grand Theft Auto: San Andreas para iOS
e Android, o remake móbil do clásico
de Rockstar Games lanzado orixinalmente para PlayStation 2, Xbox e PC chegou
hoxe a Windows Phone 8 a un prezo de 6,49 euros, e aÃnda que a súa ficha
indique que só é compatible cos móbiles Nokia Lumia 1520, 1320, 822, 820 e 810
e HTC 8X, bastantes usuarios están advertindo que non
presenta problema no resto de móbiles co sistema operativo de Microsoft que
teñen 1 Gb de RAM e 2,5 Gb de espazo de almacenamento libre (para permitir
a súa descarga conectado a corrente).
Esta conversión móbil de GTA: San Andreas
achega gráficos de alta resolución remasterizados,
melloras de iluminación, unha paleta de cores máis rica e modelos mellorados de
personaxes; permite elixir entre 3 sistemas de control diferentes e conta con
opcións contextuais para amosar os botóns só cando sexan precisos.
- O xogo amosa uns gráficos mellorados nas súas versións móbiles
O xogo correndo sobre un dos terminais con Windows Phone 8 non detallado polos seus desenvolvedores