GTA IV contará con numerosas melloras na súa versión para PC
xoves, 21 de agosto do 2008
Xa hai dÃas que sabemos
que o Grand Theft Auto IV estreará
versión para PC o vindeiro 21 de novembro, pero Rockstar adiantou en Leipzig
máis detalles sobre o que xa se considera o
xogo do ano a nivel de vendas nas súas versións para Xbox 360 e PS3.
Por fortuna, a adaptación ao PC do xogo de consola achega vantaxes como unha
mellora gráfica (no caso de contar cun ordenador potente, xa que funciona a unha resolución
máxima de 2.560 x 1.600 pÃxeles, o que supera ao Full HD), o modo
repetición (para revivir os últimos 30 segundos da partida actual,
para retocar as secuencias con efectos, gardalas e compartilas a través da Rede
no Rockstar Social Club), unha xogabilidade máis depurada e incluso coidando
máis os modos multixogador en liña (que aceptarán
máis de 16 xogadores simultáneos).
As novas caracterÃsticas poderÃan compensar a espera para que este tÃtulo
chegase aos ordenadores persoais nos que no seu dÃa se popularizou esta
violenta saga.