GTA 4 terá 15 modos multixogador

martes, 18 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O Grand Theft Auto IV é un dos xogos máis agardados, pois está a padecer moitas demoras no seu lanzamento, o que promente compensar incorporando un revolucionario modo multixogador, que dende Rockstar aseguran que terá 15 modos distintos (segundo se filtrou a través da revista oficial de PS3).
Ata o momento sabemos que ata 16 xogadores se poderán enfrontar en retos clásicos coma Deathmatch, Policías e Ladróns, ou cooperar entre 2 xogadores para completar algunhas das misións do xogo. Tamén haberá un modo Mafia no que o xogador propón un reto e o primeiro en acadalo será o que elixa a seguinte misión. Outro modo coñecido será o de enfrontamento á autoridade en grupos de 4 xogadores, en definitiva, que o xogo podería supor un auténtico paso adiante nesta popular saga.
Para estes modos non só poderemos encargar a Niko Bellick (o protagonista do xogo) senón que poderemos definir a nosa propia identidade (cun avatar personalizado).

PUBLICIDADE