GAIN organiza unha xornada en liña sobre os desafíos e oportunidades da Vixilancia Tecnolóxica

martes, 20 de outubro do 2020 S. P.


O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) vai organizar o vindeiro 28 de outubro unha xornada online sobre os Desafíos e oportunidades da Vixilancia Tecnolóxica no contexto actual. Na sesión avaliarase até que punto estas preparadas as nosas empresas para a seguinte revolución industrial e, entre outros asuntos, cales son os retos aos que se enfrontan hoxe en día os profesionais que se adican a tarefas de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva.
Será a primeira de tres acción dedicadas á devandita temática que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación da Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.
Durante esta xornada o experto Enric Escorsa O´Callaghan, director executivo de IALE Tecnología, abordará, entre outras cuestións, os principais retos das empresas fronte aos cambios actuais e o papel da Intelixencia Competitiva; así como un análise do crecemento exponencial da información e a multiplicidade de formatos, canles e estruturas, xunto coa crecente capacidade para procesar esta información. Por último, durante a xornada trataranse as últimas tendencias da Vixilancia Tecnolóxica: o auxe da Ciencia de Datos, a Aprendizaxe Automática e a Intelixencia Artificial.

PUBLICIDADE