GAIN inicia un ciclo en liña sobre deseño, innovación e sustentabilidade
venres, 20 de maio do 2022
- O ciclo comezará cun relatorio das Yarza Twins
A
Axencia Galega de innovación e a Fundación DIDAC inician o ciclo
Conversas en rede, unha serie de diálogos online que
ten por obxectivo proxectar ou potencial do deseño como motor
empresarial dándolle voz ao talento emerxente. O ciclo, segundo
explica a axencia que dirixe Patricia Argerey, “permitirá explorar
a visión das novas e novos profesionais da nosa terra con máis
proxección internacional sobre diferentes temáticas e vías de
desenvolvemento para o deseño”.
As
Conversas na rede desenvólvense no marco da creación da Rede
Internacional de Profesionais do Deseño Galego, un dos eixes do
Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 –
Diferenza. A primeira conversa será o martes 31 de maio cos
gañadores dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020 e 2021
na categoría de talento emerxente: Damián Calvo e Yarza Twins.
Na
páxina web
de GAIN temos todo o preciso para recadar máis información ou
formalizar as inscricións.
Damián
Calvo
Graduado
en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto
pola Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de deseño de
produto de Samsung Design Europe en Londres e recentemente
incorporouse a Dyson como deseñador industrial na nova sede global
da compañía en Singapur.
Yarza
Twins
Master
of Arts Communication Design no Central Saint Martins (Londres). As
irmáns Eva e Marta Yarza desenvolven proxectos de tipografía, 3D,
animación, deseño editorial e de marca, desenvolvemento web e
ilustración para Adidas, MTV, Converse, Smirnoff ou HP.