Funda para portátiles con chuvasqueiro reflectante para peóns e ciclistas

martes, 9 de xuño do 2009 Raquel Noya

Port Designs, o fabricante de solucións de transporte, protección e ergonomía para ordenadores portátiles, vén de renovar a súa popular mochila Aspen, incorporándolle ao chuvasqueiro (que xa de por sí era útil para os internautas galegos que levamos o noso portátil onde queira que vaiamos) unha cara retro-reflectante que, ademais de aillar o dispositivo da choiva, axuda a peóns, ciclistas e motociclistas a protexerse de posibles accidentes.
Segundo vén de informar a DGT, moitos dos atropelos que se producen en condicións de excasa visibilidade (crepúsculo, noite, choiva…) “poderían evitarse se os que circulan empregaran algún elemento reflectante”, xa que lle permitirían aos automovilistas detectalos a certa distancia.
Neste contexto, ao empregar a cara retro-reflectante da mochila para portátiles Aspen, os usuarios poden protexerse a sí mesmos á vez que o fan aos seus dispositivos. O chuvasqueiro, que se recolle na parte inferior da mochila, tamén pode usarse deixando visible a cara de cor negra, unha posibilidade moi ben pensada polos fabricantes para evitar que os máis tímidos o pasen mal nos seus desprazamentos polo interior dos edificios públicos.
O novo modelo da funda, que combina o deseño máis actual coa máxima funcionalidade e seguridade, está dispoñible en dous tamaños que se axustan aos novos formatos de pantalla (16 e 18,4”), e esta fabricada en nylon para asegurar a súa máxima durabilidade.
Asemade, a mochila Aspen vén provista dun grande peto dianteiro con fundas para accesorios e artigos persoais, así como de dous petos laterias con cremalleira.
Todos os modelos veñen co compartimento para o portátil protexido co sistema Matt-System, que reduce a onda de golpe exterior en caso de impacto así como con costa ergonómica formada por almofadiña semi-ríxida para protexer a columna vertebral e transportar o portátil coa maior comodidade posible.
O último produto de Port Designs para o transporte de portátiles está a venda a través das tendas Mediamarkt, Saturn e Fnac, e o seu prezo é de 44,99 € e de 49,99 € para os modelos compatibles cos portátiles de 16” e de 18,4” respectivamente.

PUBLICIDADE