Fujitsu venderá no Xapón un tablet resistente á auga

martes, 30 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Fujitsu vai comercializar o vindeiro mes no Xapón a través do operador NTT DoCoMo un novo tablet chamado ARROWS Tab F-01D, que cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo OMAP4430 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de ROM, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, microUSB, lector de tarxetas microSD, cámaras de 5,1 e 1,3 Mpíxeles, GPS, acelerómetro, compás dixital, sensor de luz ambiental e espazo para tarxetas microSIM, sorprende por ser resistente á auga (IPX7), prestación coa que contan moitos móbiles, pero que nos tablets non parece ter a mesma demanda.
Este novo dispositivo medirá 262 x 181 x 11,5 milímetros e preténdese que o seu peso sexa de 599 gramos e funcione co sistema operativo Android 3.2. A súa pantalla, pese a non ser capacitiva, é multi-táctil; e tamén destaca por non estar preparado para comunicacións LTE (sen esquecer o GPRS/UMTS/HSPA).

PUBLICIDADE