Fujitsu Siemens presenta un ordenador que consume 0 vatios apagado
luns, 2 de marzo do 2009
Dende mañá e ata
o domingo Hannover (Alemaña) acolle o CeBIT,
feira tecnolóxica na que Fujitsu Siemens presentou o seu ordenador
de sobremesa Esprimo 7935, que promete conseguir o seu consumo a 0
vatios cando o equipo está apagado (mentres que outros equipos consumen entre 1
e 4 vatios en tal situación).
Este tipo de medidas de aforro están a ser adoptadas por todo o sector da
electrónica de consumo, para reducir o gasto provocado polos equipos
informáticos e electrodomésticos cando non se estea a facer un uso produtivo
dos mesmos. Tamén resulta moi interesante esta medida para grandes empresas cun
número moi elevado de ordenadores, que teñen que facer fronte a un consumo
nocturno elevado, pois teñen os equipos en
espera para a instalación de actualizacións, o que non se poderÃa facer se
os usuarios desenchufasen os equipos,
pero que coas novas tecnoloxÃas que se están a desenvolver poderanse combinar
ambos mundos: o aforro enerxético e o acendido automático ou remoto.
O novo equipo de Fujitsu ten unha fonte de alimentación cunha eficiencia do
89%, cumpre coa normativa Energy Star 5.0 e terá un prezo de entre 600 e 700
euros.