Fruit Ninja ou o vicio de cortar froita no iPhone
venres, 11 de xuño do 2010
Para iPhone e
iPod Touch existen multitude de videoxogos moi sinxelos que conseguen moita
sona e éxito por ser aditivos, e dentro destes temos que destacar Fruit
Ninja, tÃtulo de Halfbrick Studios que está á
venda na App Store por 0,79 euros e que consiste en utilizar a
pantallas táctil dos terminais de Apple para cortar co dedo froita que lanzan polo aire, tendo tino con non
cortar bombas mesturadas coa froita que, de tocalas, supoñen o remate da
partida.
Este atractivo xogo ten un modo de xogo clásico (que consiste en aguantar o
máximo de tempo posible podendo fallar só 3 veces o corte de froita) e un modo
contrarreloxo (que consiste en cortar o máximo de froita posible en 90
segundos). Tamén é compatible coa plataforma OpenFreit para permitir publicar
as nosas puntuación para competir con outros xogadores á vez que aprendemos
divertidos proverbios do sabio Sensei ninja.