Freescale anuncia un tablet a menos de 200 dólares
luns, 4 de xaneiro do 2010
Os equipos tipo tablet parecen destinados a ser as
estrelas do CES de Las Vegas que terá lugar a finais desta semana, e dentro
deste amplo abano de novos dispositivos Freescale Semiconductor quere apostar
polo baixo custo, e vai
presentar o seu propio smartbook
baseado nun procesador Freescale i.MX515 (tipo ARM Cortex-A8) e con
pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 512 Mb
de RAM, de 4 a 64 Gb de almacenamento, cámara de 3 MpÃxeles, acelerómetro,
sensor de luz ambiental, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, GPS, 3G (opcional), baterÃa de
1.900 mAh, soporte de Flash e sistema operativo Linux ou Android por un prezo que
agardan que non chegue aos 200 dólares.
Estes dispositivos medirÃan 200 x 128 x 149 milÃmetros, pesarÃan 376 e non
precisarÃan de ventilador (polo que o seu funcionamento serÃa moi silencioso).
ServirÃan para navegar pola web, reproducir contidos multimedia e visualizar
documentos ofimáticos. Tamén contarÃan con widgets para Twitter, Facebook,
Flickr ou servizos de información meteorolóxica.
- Os equipos estarán dispoñibles nunha ampla gama de cores