Forza Motorsport 7 chega a Xbox One e PC

martes, 3 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos de motor teñen hoxe unha grande novidade dispoñible, Forza Motorsport 7, que sae á venda como título que chega dentro do programa XBOX Play Anywhere, de xeito que quen o merque en formato descargable para Xbox One poderá gozalo sen custo adicional tamén no seu PC.
O xogo permite experimentar a emoción do automobilismo ao límite con gráficos a 60 cadros por segundo e cunha resolución nativa 4K en HDR (de contarmos cunha Xbox One X ou cun PC de grande potencia) con máis de 700 coches dispoñibles que poderán correr en 30 lugares famosos.
Cómpre advertir de que o xogo presenta imaxes con patróns e luces pestanexantes que poden provocar ataques a persoas que padezan epilepsia fotosensible.

Forza Motorsport 7 ofrece gráficos moi detallados e moita acción para os amantes dos xogos de condución

PUBLICIDADE